Thursday 09 de May de 2024

Axenda fin de semana Cariño


BAOBAB TEATRO: “RIS RAS”

Sábado 26 de decembro – 18 horas – Auditorio Municipal

Entrada gratuíta. Podes recoller a túa invitación (máximo dúas por persoa) no LOCAL SOCIAL da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2) ata o sábado 26 pola mañá.

Actuación incluída no programa REDE CULTURAL da Deputación da Coruña.

É un espectáculo que nos fará viaxar a través da música, xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catarina e Lourenzo (A lúa e o Sol).

Partimos de:
Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás
Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás

Ris Ras nace de dar continuidade ao proxecto de investigación sobre a nosa lingua galega que fixemos no ano 2017 e que chamamos: “Puño puñete”. Nace de por en valor a nosa lingua, nace co obxectivo claro de profundizar nos ditos populares, refráns, poemas, lerias e enredos menos coñecidos para que non se esquezan.